Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

Sábado 20 outubro, teatro: A OLA DE OURO

A "Ola de ouro" é unha comedia que o público, de todas as idades, verá con un amplo sorriso. É o resultado da adaptación da obra de Plauto. "A figura do avaro será amplamente representada ao longo da historia de teatro. Plauto achéganola dunha maneira cómica, pretendendo que o espectador sexa cómplice da burla á que será sometida: malo é non ter diñeiro, pero peor é telo en exceso!" Esperámosvos o sábado 20 de outubro ás 18:00 horas, no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao. Co financiamento do Concello de Láncara e a Deputación de Lugo (Buxiganga 2018).

Sábado 22 setembro, teatro: COMEDIA BÍFIDA

Cómpre que esteades mortos para paticipar nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin San Pedro. Esperámosvos o sábado 22 setembro 2018, ás 18:00 horas , no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao. Co financiamento do Concello de Láncara e a Deputación de Lugo (Buxiganga 2018).

Novo formulario de inscrición de socios

Xa está dispoñible o novo formulario de inscrición de socios. Por mor do novo regulamento de protección de datos (RGPD) é obrigatorio que TODOS o volvamos a cubrir, a parte de pagar a cota. Está dispoñible nesta ligazón descargar ficha inscrición ou ben na sección de documentos do sitio web.

Sábado 15 setembro: A CIENCIA É DIVERTIDA

Para nenos de 0 a 3 anos, ás 17:00 horas Para nenos de 3 a 6 anos, ás 18:30 horas Para participar é necesario inscribirse antes do venres 14 , no teléfono  636 56 15 63. Narración oral e obradoiro, contos e experimentos: Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos/as aprendan da forma mais divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos/as aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar! O sábado 15 de setembro, na Biblioteca Municipal de Láncara, na Pobra de San Xiao. " Ler conta moito " - Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e Concello de Láncara .

Venres 7 setembro: A MAXIA DOS CONTOS

Público: Nenos de 3 a 10 anos Espectáculo de animación á lectura , con maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación do público, diversión e moito máis. O " contacontos" iranos introducindo no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantásticos que nela habitan. "A MAXIA DOS CONTOS" , por Expresión produccións Venres 7 setembro 2018, ás 18:00 horas , na Biblioteca Municipal de Láncara, Pobra de San Xiao. "Ler conta moito" - Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e Concello de Láncara .