Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

Sábado 24 novembro: convocatoria 2 asembleas seguidas

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 24. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:30 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 24 de novembro de 2018, no local da planta baixa do Concello de Láncara (antigo Centro Médico, Avenida Rosalía de Castro 17), na Pobra de San Xiao ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación das actas das asembleas extraordinarias anteriores (10/03/2018 e 15/04/2018). (As actas están a disposición de todos os socios previa solicitude.) 2- Informe da Xunta Directiva. 3- Informe de Tesourería. Presentación das contas