Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Asesoramento psicolóxico de emerxencia

No noso centro escolar, na área de orientación , puxeron a disposición das familias un enderezo de correo electrónico para as consultas das familias . Dende a Federación de ANPAS de ensino público de Lugo facilitáronos os datos dunha psicóloga que fai asesoramento psicolóxico de emerxencia gratuíto.

Dificultades de acceso aos contidos educativos na corentena

Por mor de vivir no rural, non todos temos boas conexións a Internet (iso se a temos). Algo tan sinxelo como unha clase por videoconferencia non a podemos facer, ou temos cortes constantes. Tampouco todos dispoñemos de móbiles de última xeneración, tablet, ordenador ou impresoras multifunción para escanear e imprimir, ou os coñecementos ou programas necesarios para algunhas tarefas. Ou simplemente, temos que traballar e non podemos axudar aos nenos porque non temos unha persoa axeitada para delegar esas tarefas. Dende a Confederación de Anpas Galegas habilitaron este cuestionario (anónimo) para poder recopilar a información das dificultades coas que nos enfrontamos as familias neste período de corentena para poder informar á Consellería, e mellorar no posible para ter menos dificultades no futuro. Para colaborar, podedes cubrir unha enquisa por alumno: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdNL4UGMyhmbEkjMyfxkLO7bZVOsCfnidFcuytwRYcWhm5MBw/viewform Tamén CONFAPA Galicia quere coñe

Corentena polo Coronavirus: información importante para as familias

Lembrade que no sitio web co colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiramonpineirolancara tedes toda a información necesaria para estar en contacto co centro e cos profesores durante este período de corentena polo Coronavirus. Alí tedes un número de teléfono para comunicación por whatsapp e os enderezos de correo electrónico de todos os profesores. Navegando polo menú da esquerda, poderedes acceder aos cursos, materias e contidos que poñen a disposición no centro escolar.