Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

Exhibición de ximnasia rítmica e kung fu o 1 de maio, na Pobra de San Xiao

Organizamos unha exhibición deportiva o mércores 1 de maio, ás 10:30 horas, no pavillón deportivo municipal. Esa exhibición está dividida en dous bloques: un de ximnasia rítmica e outro de kung fu, froito do adestramento e o traballo de alumnado e profesores nesta actividade extraescolar. Total apoio do comercio local Como esta actividade extraescolar non é gratuíta e son as familias as que deben asumir o custe mensual de levala a cabo, varios membros da asociación traballaron para recadar patrocinios e así poder celebrar este evento, atopando apoio en grandes empresas como Caixa Rural Galega ,  Río , Leyma , Quescrem e Fontecelta , en institucións como o Concello do Corgo ou Muvicla , o centro museístico de locomoción agraria localizado en Trasliste (Láncara).  Pero o apoio máis importante foi o do COMERCIO LOCAL, que deixou patente o seu apoio ao deporte e ás nenas e nenos que van a formar parte da exhibición deportiva, achegando axudas económicas e en produtos.