Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

FUTUROS LABORALES: charla sobre os vosos estudos, orientada ás novas profesións

O venres 31, ás 16:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal da Pobra de San Xiao, terá lugar esta charla, na que se falará co alumnado da ESO e as súas nais, pais e titores, sobre a orientación dos estudos tendo en conta a evolución do mercado laboral.

1 de maio: grazas por facelo posible

O pasado 1 de maio gozamos do resultado do traballo e esforzo do alumnado dos grupos de Kung Fu e de Ximnasia Rítmica da ANPA. Grazas ás familias voluntarias, socias e socios e ao COMERCIO LOCAL polo seu apoio. Tamén ás empresas e institucións:  Caixa Rural Galega ,  Río ,  Leyma ,  Quescrem  e  Fontecelta , Concello do Corgo  e  Muvicla  (centro museístico de locomoción agraria).