Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2018

Programación cultural do Concello de Láncara para setembro e outubro

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro colabora na difusión destes eventos, co financiamento do Concello de Láncara, a Deputación de Lugo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. "A MAXIA DOS CONTOS" , por Expresión produccións Venres 7 setembro 2018, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara, Pobra de San Xiao. "Ler conta moito" - Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia Público : Nenos e nenas de 3 a 10 anos Espectáculo de animación á lectura, con maxia,contos, monicreques, adiviñas, participación do público, diversión e moito máis. O “contacontos” iranos introducindo no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan. "A CIENCIA É DIVERTIDA" , por Nita (Ana Romero Porto) Sábado 15 setembro, na Biblioteca Municipal de Láncara, Pobra de San Xiao 17:00 horas (para nenas e nenos de 0 a 3 anos) 18:30 horas (para nenas e nenos de 3 a 6 anos) "Ler co