Saltar ao contido principal

Programación cultural do Concello de Láncara para setembro e outubro

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro colabora na difusión destes eventos, co financiamento do Concello de Láncara, a Deputación de Lugo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

"A MAXIA DOS CONTOS", por Expresión produccións
Venres 7 setembro 2018, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara, Pobra de San Xiao.
"Ler conta moito" - Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Público: Nenos e nenas de 3 a 10 anos

Espectáculo de animación á lectura, con maxia,contos, monicreques, adiviñas, participación do público, diversión e moito máis. O “contacontos” iranos introducindo no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan.


"A CIENCIA É DIVERTIDA", por Nita (Ana Romero Porto)
Sábado 15 setembro, na Biblioteca Municipal de Láncara, Pobra de San Xiao
17:00 horas (para nenas e nenos de 0 a 3 anos)
18:30 horas (para nenas e nenos de 3 a 6 anos)
"Ler conta moito" - Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Narración oral e obradoiro: Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade, xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos/as aprendan da forma mais divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos/as aínda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!



Teatro: "COMEDIA BÍFIDA", por Argalleiras Teatro
Sábado 22 setembro 2018, ás 18:00 horas, no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao
BUXIGANGA Proxecto Teatral Afeccionado 2018
Deputación de Lugo (Área de Turismo e Cultura)

Público: Maiores de 8 anos

Sinopse: Cómpre que esteades mortos para participar nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro.


Teatro: "A OLA DE OURO", por Os Pinchacarneiros
Sábado 20 outubro 2018, ás 18:00 horas, no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao
BUXIGANGA Proxecto Teatral Afeccionado 2018
Deputación de Lugo (Área de Turismo e Cultura)

Público: Todos os públicos

Sinopse: A figura do avaro será amplamente representada ao longo da historia de teatro. Plauto achéganola dunha maneira cómica, pretendendo que o espectador sexa cómplice da burla á que será sometida: malo é non ter diñeiro, pero peor é telo en exceso! O resultado desta adaptación da Ola de Ouro de Plauto é unha comedia que o público, de todas as idades, verá cun amplo sorriso.


Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .