Saltar ao contido principal

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025, coa mesma orde do día e mesmo horario.

Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas.

A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria.

A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria.

As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.


Publicacións populares deste blog

Comezamos coa actividade de Kung Fu

Este venres 27 de setembro retomamos as clases de Kung no ximnasio do CPI.  As condicións son as mesmas co ano pasado: Socios ANPA: 15€/mes Non socios: 17€/mes Luns , de 16:30 a 17:30 Infantil e iniciación. Pre-Kung Fu. A partir dos 5 anos. Venres , de 15:40 a 16:40 Kung Fu desde os 7 anos en adiante.  Sábado , de 12:00 a 14:00 Kung Fu alto rendemento. Coma o ano pasado, realizaremos outras actividades ao redor desta arte marcial: exames de grao técnico e formación para familias .

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .

Exhibición de ximnasia rítmica e kung fu o 1 de maio, na Pobra de San Xiao

Organizamos unha exhibición deportiva o mércores 1 de maio, ás 10:30 horas, no pavillón deportivo municipal. Esa exhibición está dividida en dous bloques: un de ximnasia rítmica e outro de kung fu, froito do adestramento e o traballo de alumnado e profesores nesta actividade extraescolar. Total apoio do comercio local Como esta actividade extraescolar non é gratuíta e son as familias as que deben asumir o custe mensual de levala a cabo, varios membros da asociación traballaron para recadar patrocinios e así poder celebrar este evento, atopando apoio en grandes empresas como Caixa Rural Galega ,  Río , Leyma , Quescrem e Fontecelta , en institucións como o Concello do Corgo ou Muvicla , o centro museístico de locomoción agraria localizado en Trasliste (Láncara).  Pero o apoio máis importante foi o do COMERCIO LOCAL, que deixou patente o seu apoio ao deporte e ás nenas e nenos que van a formar parte da exhibición deportiva, achegando axudas económicas e en produtos.