Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

Sábado 9 novembro: convocatoria 2 asembleas seguidas

ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 9. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:30 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 9 de novembro de 2019, na sala multiusos da Biblioteca Pública Municipal, na Rúa Benigno Quiroga 93, A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación das actas das asembleas anteriores. 2- Informe da Xunta Directiva. 3- Informe de Tesourería. Presentación das contas anuais. 4- Informe da representante da ANPA no Consello Escolar. 5- Informe de actividades previstas. 6- Rogos e p