Saltar ao contido principal

Sábado 9 novembro: convocatoria 2 asembleas seguidas

ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 9.

A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria.

A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:30 horas en primeira convocatoria.

As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 9 de novembro de 2019, na sala multiusos da Biblioteca Pública Municipal, na Rúa Benigno Quiroga 93, A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día:

1- Lectura e aprobación das actas das asembleas anteriores.
2- Informe da Xunta Directiva.
3- Informe de Tesourería. Presentación das contas anuais.
4- Informe da representante da ANPA no Consello Escolar.
5- Informe de actividades previstas.
6- Rogos e preguntas.
7- Asuntos de urxencia.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 9 de novembro de 2019, na sala multiusos da Biblioteca Pública Municipal, na Rúa Benigno Quiroga 93, A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 12:30 horas en primeira convocatoria, e ás 13:00 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar.

Punto único: Elección e/ou renovación de cargos da directiva.

Atentamente, a Xunta Directiva.

Na Pobra de San Xiao, Láncara, a 16 de outubro de 2019.

Nota: As actas están disposición dos todos os socios previa solicitude. En breve facilitaremos o modelo de presentación de candidaturas aos socios.

Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .