Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2024

Xuntaza coa ANPA do CEIP do Páramo ao redor do baloncesto

Recibimos a invitación de participar no proxecto de formar un equipo feminino de baloncesto con nenas nacidas entre os anos 2013 e 2014. Durante o adestramento realizaron xogos e exercicios dos elementos básicos do baloncesto: o bote, o pase e o tiro. Algunhas demostraron moi boa puntería! E ao rematar houbo un partidiño que sempre é a parte favorita de todas. Debeu saber a pouco que cando se deu por rematada a sesión todas quedaron na pista botando e tirando a canastra. A parte diversión, é un proxecto co que se poden acadar obxectivos como: - Fomentar hábitos saudables de cara a adolescencia. - Crear relacións de amizade e vínculos fortes entre as nenas. -Axudar a adquirir os valores positivos de compañeirismo, respecto, esforzo e superación que son inherentes ao deporte. -Vivir experiencias bonitas con compañeiras dun entorno similar.

Exames de graos técnicos de Kung Fu

O pasado luns 17, recollemos o froito de moitos días de adestramento e esforzo, cos exames dos graos técnicos de Kung Fu. "Máis do que é un simple exame, trátase dun festexo, dunha ceremonia de confirmación de contidos do programa lectivo anual, a través dun feedback orientado ao proceso, reforzando o que está correctamente aprendido, mellorando o que se está aprendendo e recoñecendo expresamente os logros persoais de cada alumno/a como reforzo positivo. O ascenso de grao técnico é a visualización do progreso persoal, un recoñecemento ao traballo propio." Podes coñecer o todo o traballo recente do grupo de Kung Fu nestas ligazóns: O grupo Kung Fu Anpa do CPI Ramón Piñeiro realizou os exames de graos técnicos de Kung Fu . O grupo de Kung Fu da Anpa do CPI Ramón Piñeiro organizou unha xornada de primeiros auxilios .

O Laoshi-profesor de Kung Fu, Jose Nunes, formou aos seus alumnos e familias en Primeiros Auxilios.

O sábado 8 de xuño de 2024 o grupo de Kung Fu da ANPA CPI Ramón Piñeiro, grazas ao seu profesor, organizou unha xornada destinada á aprendizaxe e familiarización de conceptos básicos de técnicas de Primeiros Auxilios para as nenas e nenos da actividade Kung Fu, ca participación activa e conxunta das súas nais e pais.

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .