Saltar ao contido principal

Xuntaza coa ANPA do CEIP do Páramo ao redor do baloncesto

Recibimos a invitación de participar no proxecto de formar un equipo feminino de baloncesto con nenas nacidas entre os anos 2013 e 2014.


Durante o adestramento realizaron xogos e exercicios dos elementos básicos do baloncesto: o bote, o pase e o tiro. Algunhas demostraron moi boa puntería! E ao rematar houbo un partidiño que sempre é a parte favorita de todas. Debeu saber a pouco que cando se deu por rematada a sesión todas quedaron na pista botando e tirando a canastra.


A parte diversión, é un proxecto co que se poden acadar obxectivos como:

- Fomentar hábitos saudables de cara a adolescencia.

- Crear relacións de amizade e vínculos fortes entre as nenas.

-Axudar a adquirir os valores positivos de compañeirismo, respecto, esforzo e superación

que son inherentes ao deporte.

-Vivir experiencias bonitas con compañeiras dun entorno similar.

Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .