Saltar ao contido principal

Foliada polo Ensino Público en PENAS DE RODAS (Outeiro de Rei)

MÚSICA
Para a Foliada podedes levar instrumentos para facer festa (pandeiretas, gaitas, violíns, guitarras...) e sobre todo cantar...

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS
Hai catro categorías mixtas: Infantil, 1° e 2°, 3° e 4°, 5° e 6°. Todas as nenas e nenos recibiran unha medalla.

XOGOS TRADICIONAIS
Establecemos 5 xogos onde poden participar tanto nais e pais como as nenas e nenos: apañado de piñas, lanzamento de pedra, tiro de corda, carreira de sacos e corte de tronco con cimbrón (esta última só para adultos). Abriremos as inscricións para as probas durante a sobremesa.

ZUMBA e FÚTBOL
Para rematar ás 6 teremos o partido de fútbol entre os Veteranos (papás e mamás) e as Promesas (fillos e fillas) no campo de fútbol e unha master class de Zumba.

ENTREGA DE MEDALLAS E TROFEOS

Ás 7 da tarde aos participantes nos roteiros, carreira campo través, xogos tradicionais, fútbol...


Publicacións populares deste blog

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Benvidos ao sitio web da ANPA do CPI Ramón Piñeiro

Simplemente dicirvos que queremos que este sexa un espazo onde atopar toda a información de interese que compartimos, de xeito centralizado, e así chegue a todas as familias dos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro. Na parte superior atoparedes a ligazón Axenda . Nela queremos incluír a información das datas nas que están abertos determinados trámites, eventos organizados por nós ou ben nos que colaboremos. Tamén queremos incluír os que promoven a FAPACEL , CONFAPA ou outras ANPAs. De momento non habilitaremos o apartado de comentarios, pero lembrade que estamos a vosa disposición por teléfono ou ben no enderezo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com para as vosas suxestións e achegas, que serán ben recibidas.

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.