Saltar ao contido principal

Información IMPORTANTE inicio curso escolar 2020-21

Resumo da reunión mantida xoves 3 de setembro por parte dos membros da xunta directiva da nosa ANPA coa dirección do centro escolar e as dúas representantes de pais.

PUNTOS IMPORTANTES:

1.- Moi importante, por parte dos nais/pais/titores: é a nosa responsabilidade antes de saír das casas de mirarlles a febre ( nunca +37), non deben ter tos nin mocos.

2.- Os nenos deben levar ao cole sempre unha máscara posta. As máscaras deben levar o nome do neno/a (con rotulador permanente, por exemplo, é obrigatoria a partir de 1º de primaria) e outra de reposto (nun sobre, bolsiña de tea...). A maiores deben levar un sobre de papel ou carteira para depositar a que están a utilizar para deixar durante as comidas (nunca plástico polos xermes), e unha botella de auga suficiente para o día, ou dúas, xa que no cole non se pode encher de novo; tamén dispoñer de panos de papel.

3.- Haberá dúas zonas para o acceso ao centro dos nenos/as:

a) para os transportados (zona principal, onde se estaba a acceder normalmente).

b) para os que veñan cos adultos en coche ou ben andando ( zona localizada ao lado da entrada do aparcadoiro dos profesores, unha porta nova). Debemos intentar que nesta zona non se concentren moitos nenos/as e pais/nais para manter os protocolos de distancia (esta porta só se abrirá uns 5-10 minutos antes de tocar o timbre e os pais/nais non poderemos acceder ao centro).

4.- Nas aulas vaise establecer a distancia de 1.5 metros entre pupitres. Estará sinalizado e terase que traer da casa unha segunda mochila ou carteira para deixar no cole durante todo o curso para depositar nela o material necesario para as clases e os libros que non levemos para a casa (no se van a utilizar os estantes como era costume para almacenar o material).

5.-Saídas ao patio:
De momento contémplanse dous escenarios:
Que os grupos sexan por clase e co seu titor cunha area marcada no patio ou ben que sexa por ciclos (por exemplo 1º e 2º de primaria), no que haberá un profesor e unha zona no patio.

6.- Comedor:
Aínda se están a valorar todas as circunstancias; ou ben coma no patio por grupos ou por ciclos (iso si, o alumnado non van a servir nin recoller en ningún caso).
Intentaranse facer varias entradas dependendo dos ciclos infantil, primeiro e despois primaria e por último a ESO.
AQUÍ PODE HABER AÍNDA CAMBIOS

7.- SOLICITANNOS DESDE O CENTRO QUE DEBIDO AO EXTRAORDINARIO DA SITUACIÓN E COMO MEDIDA DE ANTICIPACIÓN,  DESCARGUEMOS TODOS/AS O TOOKAAP, ABALAR E ACTUALICEMOS OS DATOS TANTO DE CORREO ELECTRÓNICO COMO DE TELÉFONO NO CENTRO .

Tamén recordarvos que está todo na páxina do colexio se alguén quere consultar o protocolo da Xunta.

Neste novo contexto tamén dicirvos que non haberá titorías presenciais. Aínda se está a ver como se van a facer xa que non se pode acceder o centro (exceptuando casos por algún motivo especial).

Para calquera dúbida ou aclaración, estamos á vosa disposición.




Publicacións populares deste blog

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Benvidos ao sitio web da ANPA do CPI Ramón Piñeiro

Simplemente dicirvos que queremos que este sexa un espazo onde atopar toda a información de interese que compartimos, de xeito centralizado, e así chegue a todas as familias dos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro. Na parte superior atoparedes a ligazón Axenda . Nela queremos incluír a información das datas nas que están abertos determinados trámites, eventos organizados por nós ou ben nos que colaboremos. Tamén queremos incluír os que promoven a FAPACEL , CONFAPA ou outras ANPAs. De momento non habilitaremos o apartado de comentarios, pero lembrade que estamos a vosa disposición por teléfono ou ben no enderezo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com para as vosas suxestións e achegas, que serán ben recibidas.

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.