Saltar ao contido principal

O teatro e as emocións

<<Suspendido por falta de grupo>>

O Concello de Láncara, co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, inicia este venres no Polifuncional o proxecto "O teatro e as emocións". 

Con moita ilusión, e como continuación a outras actividades que se puxeron en marcha en anos anteriores, queremos que os nosos pequenos e pequenas sexan capaces no seu presente e futuro de xestionar adecuadamente as súas emocións, de relacionarse cos demais dunha forma respectuosa, e de facer que ese manexo emocional non sexa un obstáculo senón un trampolín para o seu desenvolvemento integral: psicolóxico e social.

A través do teatro, dun xeito natural, con situacións do día a día, imaxinarán, expresaranse, ensaiarán diferentes roles...; tentaremos descubrir xuntos (pais, nais e nenos) habilidades que non sabemos que temos, ou que nos da medo mostrar.

Un total de 10 sesións de 35 minutos cada unha, que se desenvolverán no Polifuncional dende o vindeiro venres 2/10/2020 (presentación e 1.ª sesión), ás 17:00 horas, todos os martes dos meses de outubro e novembro a esta mesma hora 17:00 horas (6/10/2010, 13/10/2020, 20/10/2020, 27/10/2020, 03/11/2020, 10/11/2020/ 17/11/2020 e 24/11/2020).

Con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias, queremos acadar a máxima acollida e compromiso entre as familias, porque entendemos que o obxectivo merece a nosa aposta e atención.

As sesións terán un fío condutor: Papa Aurelio e a súa filla Lola terán que enfrontarse a distintos conflitos, problemas ou situacións máis o menos complexas. 

Os que queirades descubrir os camiños que estes personaxes van elixir, debedes chamar ao concello 982543077 e anotarvos. Prazas limitadas


Máis información nesta ampliación sobre o traballo no proxecto.

Publicacións populares deste blog

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Benvidos ao sitio web da ANPA do CPI Ramón Piñeiro

Simplemente dicirvos que queremos que este sexa un espazo onde atopar toda a información de interese que compartimos, de xeito centralizado, e así chegue a todas as familias dos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro. Na parte superior atoparedes a ligazón Axenda . Nela queremos incluír a información das datas nas que están abertos determinados trámites, eventos organizados por nós ou ben nos que colaboremos. Tamén queremos incluír os que promoven a FAPACEL , CONFAPA ou outras ANPAs. De momento non habilitaremos o apartado de comentarios, pero lembrade que estamos a vosa disposición por teléfono ou ben no enderezo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com para as vosas suxestións e achegas, que serán ben recibidas.

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.