Saltar ao contido principal

Exhibición de ximnasia rítmica e kung fu o 1 de maio, na Pobra de San Xiao

Organizamos unha exhibición deportiva o mércores 1 de maio, ás 10:30 horas, no pavillón deportivo municipal.

Esa exhibición está dividida en dous bloques: un de ximnasia rítmica e outro de kung fu, froito do adestramento e o traballo de alumnado e profesores nesta actividade extraescolar.

Total apoio do comercio local

Como esta actividade extraescolar non é gratuíta e son as familias as que deben asumir o custe mensual de levala a cabo, varios membros da asociación traballaron para recadar patrocinios e así poder celebrar este evento, atopando apoio en grandes empresas como Caixa Rural GalegaRío, Leyma, Quescrem e Fontecelta, en institucións como o Concello do Corgo ou Muvicla, o centro museístico de locomoción agraria localizado en Trasliste (Láncara). 

Pero o apoio máis importante foi o do COMERCIO LOCAL, que deixou patente o seu apoio ao deporte e ás nenas e nenos que van a formar parte da exhibición deportiva, achegando axudas económicas e en produtos.



Publicacións populares deste blog

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Benvidos ao sitio web da ANPA do CPI Ramón Piñeiro

Simplemente dicirvos que queremos que este sexa un espazo onde atopar toda a información de interese que compartimos, de xeito centralizado, e así chegue a todas as familias dos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro. Na parte superior atoparedes a ligazón Axenda . Nela queremos incluír a información das datas nas que están abertos determinados trámites, eventos organizados por nós ou ben nos que colaboremos. Tamén queremos incluír os que promoven a FAPACEL , CONFAPA ou outras ANPAs. De momento non habilitaremos o apartado de comentarios, pero lembrade que estamos a vosa disposición por teléfono ou ben no enderezo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com para as vosas suxestións e achegas, que serán ben recibidas.

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.