Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras.
As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.

