Saltar ao contido principal

Sábado 10 maio 2025: convocatoria 2 asembleas seguidas

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 10 de maio.

A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria.

A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria.

As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 10 de maio de 2025, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal, en A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:15 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día:

1- Lectura e aprobación das actas das asembleas anteriores.

2- Informe da Xunta Directiva.

3- Informe de Tesourería. Presentación das contas.

4- Informe da representante no Consello Escolar.

5- Rogos e preguntas.

6- Asuntos de urxencia.


ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 10 de maio de 2025, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal, en A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 12:00 horas en primeira convocatoria, e ás 12:15 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar.

Punto único: Elección e/ou renovación de cargos da directiva.

Atentamente, a Xunta Directiva.

Na Pobra de San Xiao, Láncara, a 25 de abril de 2025.

Nota: para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas, falar con María José (Presidenta).


Publicacións populares deste blog

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Benvidos ao sitio web da ANPA do CPI Ramón Piñeiro

Simplemente dicirvos que queremos que este sexa un espazo onde atopar toda a información de interese que compartimos, de xeito centralizado, e así chegue a todas as familias dos alumnos e alumnas do CPI Ramón Piñeiro. Na parte superior atoparedes a ligazón Axenda . Nela queremos incluír a información das datas nas que están abertos determinados trámites, eventos organizados por nós ou ben nos que colaboremos. Tamén queremos incluír os que promoven a FAPACEL , CONFAPA ou outras ANPAs. De momento non habilitaremos o apartado de comentarios, pero lembrade que estamos a vosa disposición por teléfono ou ben no enderezo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com para as vosas suxestións e achegas, que serán ben recibidas.

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.