Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Cambio na programación de Igualdade

A charla de educación afectiva sexual prevista para esta tarde queda posposta para o vindeiro 27 de outubro, ás 17:30.

Como participar nas videoconferencias e nos contacontos de Igualdade

As charlas que van impartir os médicos-sexólogos de Otero Piñán e os contacontos de Igualdade van ser empregando a plataforma Zoom. Deixaremos as ligazóns aquí un pouco antes de comezar a sesión, xunto cunhas pequenas normas por seguridade. Se tedes calquera dúbida ou problema coas charlas, contacontos ou o sistema zoom, avisádenos en tempo para poder axudarvos e solucionalo.  

Charlas de educación afectivo-sexual para nais, pais e titores

Una das tarefas máis difíciles na educación dos máis pequenos é a afectivo-sexual. Non sempre nos sentimos cómodos ou temos recursos, e é moi importante promover esa educación sexual dende as familias. Nos centros educativos é unha materia que se toca de xeito transversal en secundaria, e para entón, xa é tarde. Adiántase a idade da primeira regra, do consumo de pornografía... Todos debemos tomar partido neste apartado da educación tan importante para paliar a violencia de xénero e as agresións sexuais. As charlas serán por videoconferencia nestas datas: Martes 13 outubro, ás 17:30 Para nais/pais/titores crianzas de 0 a 6 anos. ¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo para as familias .   Martes 20 outubro, ás 17:30 Para nais/pais/titores de nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. ¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo para as familias . Martes 27 outubro, ás 17:30 Para nais/pais/titores de adolescentes. ¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo p

Contacontos de Igualdade

Co obxectivo de fomentar a educación en igualdade nas crianzas e nas familias en xeral, a ANPA organiza estes contacontos por videoconferencia: Sábado 17 outubro, ás 11:30 horas Para crianzas de 0 a 6 anos.   Sábado 24 outubro, ás 11:30 horas Para nenas e nenos de 7 a 9 anos.   Sábado 31 outubro, ás 11:30 horas Para a rapazada de 9 a 12 anos.   Ao ser de forma telemática, traballaremos para que se cumpran unhas pequenas regras e sexan participativos de verdade, para que os nenos non sexan meros espectadores, senón activos e protagonistas no proceso de aprendizaxe.  Esta actividade está financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. SecretariaXeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero . O noso agradecemento ao CPI Ramón Piñeiro e Concellos d

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, curso