Saltar ao contido principal

Charlas de educación afectivo-sexual para nais, pais e titores

Una das tarefas máis difíciles na educación dos máis pequenos é a afectivo-sexual. Non sempre nos sentimos cómodos ou temos recursos, e é moi importante promover esa educación sexual dende as familias. Nos centros educativos é unha materia que se toca de xeito transversal en secundaria, e para entón, xa é tarde. Adiántase a idade da primeira regra, do consumo de pornografía... Todos debemos tomar partido neste apartado da educación tan importante para paliar a violencia de xénero e as agresións sexuais.

As charlas serán por videoconferencia nestas datas:

Martes 13 outubro, ás 17:30
Para nais/pais/titores crianzas de 0 a 6 anos.
¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo para as familias.

 
Martes 20 outubro, ás 17:30
Para nais/pais/titores de nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.
¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo para as familias.


Martes 27 outubro, ás 17:30
Para nais/pais/titores de adolescentes.
¿De que se vai falar nesta charla? Díptico informativo para as familias.

Esta actividade está financiada coas axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

SecretariaXeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra aviolencia de xénero.

O noso agradecemento ao CPI Ramón Piñeiro e Concellos de Láncara, O Páramo e O Corgo por participar e contribuír a difusión do concurso, contacontos e charlas de educación afectivo-sexual.


 

 

Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

Sábado 10 maio 2025: convocatoria 2 asembleas seguidas

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 10 de maio. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA  Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 10 de maio de 2025, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal, en A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:15 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación das actas das asembleas anteriores. 2- Informe da Xunta Directiva. 3- Informe de Tesourería. Presentación das contas. 4- Informe da representante no Consello Escolar. 5- Rogos e preguntas. 6- Asuntos de urxencia. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Convócase Ase...

Kung Fu e Ximnasia Rítmica funcionando dende outubro. Patinaxe en liña funcionando dende xaneiro.

O pasado sábado 18 de xaneiro o equipo de Kung Fu marchou facer acrobacias a Lugo. Este centro recreativo de camas elásticas é unha empresa de animación e etretemento infantil e xuvenil, pero tamén posúe unhas instalacións aproveitábeis para adestrar con seguridade acrobacias complexas que necesitan de determiandas infraestruturas propias da ximnasia artística, como é o foxo de tacos de escuma, esponxa. En tódolos concellos atopamos pabellóns, ideias para o fútbol sala, baloncesto, balón-man, etc.., pero apenas nos muncipios grandes hai instalacións ximnásticas que nos permitan exercitar activdades atléticas deste tipo. Ver o attigo completo: O equipo Kung Fu Láncara adestrou habilitades físicas nas camas elásticas de Lugo.