Saltar ao contido principal

Kung Fu e Ximnasia Rítmica funcionando dende outubro. Patinaxe en liña funcionando dende xaneiro.

O pasado sábado 18 de xaneiro o equipo de Kung Fu marchou facer acrobacias a Lugo.

Fotografía do equipo Kung Fu ANPA Láncara


Este centro recreativo de camas elásticas é unha empresa de animación e etretemento infantil e xuvenil, pero tamén posúe unhas instalacións aproveitábeis para adestrar con seguridade acrobacias complexas que necesitan de determiandas infraestruturas propias da ximnasia artística, como é o foxo de tacos de escuma, esponxa. En tódolos concellos atopamos pabellóns, ideias para o fútbol sala, baloncesto, balón-man, etc.., pero apenas nos muncipios grandes hai instalacións ximnásticas que nos permitan exercitar activdades atléticas deste tipo.


Ver o attigo completo:

O equipo Kung Fu Láncara adestrou habilitades físicas nas camas elásticas de Lugo.

Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .