Saltar ao contido principal

Publicacións

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.
Publicacións recentes

Sábado 10 maio 2025: convocatoria 2 asembleas seguidas

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convoca dúas asembleas o sábado 10 de maio. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA  Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 10 de maio de 2025, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal, en A Pobra de San Xiao (Láncara) ás 11:00 horas en primeira convocatoria, e ás 11:15 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación das actas das asembleas anteriores. 2- Informe da Xunta Directiva. 3- Informe de Tesourería. Presentación das contas. 4- Informe da representante no Consello Escolar. 5- Rogos e preguntas. 6- Asuntos de urxencia. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Convócase Ase...

Kung Fu e Ximnasia Rítmica funcionando dende outubro. Patinaxe en liña funcionando dende xaneiro.

O pasado sábado 18 de xaneiro o equipo de Kung Fu marchou facer acrobacias a Lugo. Este centro recreativo de camas elásticas é unha empresa de animación e etretemento infantil e xuvenil, pero tamén posúe unhas instalacións aproveitábeis para adestrar con seguridade acrobacias complexas que necesitan de determiandas infraestruturas propias da ximnasia artística, como é o foxo de tacos de escuma, esponxa. En tódolos concellos atopamos pabellóns, ideias para o fútbol sala, baloncesto, balón-man, etc.., pero apenas nos muncipios grandes hai instalacións ximnásticas que nos permitan exercitar activdades atléticas deste tipo. Ver o attigo completo: O equipo Kung Fu Láncara adestrou habilitades físicas nas camas elásticas de Lugo.

Comezamos coa actividade de Kung Fu

Este venres 27 de setembro retomamos as clases de Kung no ximnasio do CPI.  As condicións son as mesmas co ano pasado: Socios ANPA: 15€/mes Non socios: 17€/mes Luns , de 16:30 a 17:30 Infantil e iniciación. Pre-Kung Fu. A partir dos 5 anos. Venres , de 15:40 a 16:40 Kung Fu desde os 7 anos en adiante.  Sábado , de 12:00 a 14:00 Kung Fu alto rendemento. Coma o ano pasado, realizaremos outras actividades ao redor desta arte marcial: exames de grao técnico e formación para familias .

Inscrición novos socios curso 2024-25

Xa está dispoñible o formulario de inscrición de novos socios na ANPA do CPI Ramón Piñeiro para o curso 2024-25 para descargar e cubrir. Os que xa sodes socios de anos anteriores, só é necesario ir a Caixa Rural, dicir que queredes pagar a cota e que no cargo bancario poñan apelidos e nome.

Xuntaza coa ANPA do CEIP do Páramo ao redor do baloncesto

Recibimos a invitación de participar no proxecto de formar un equipo feminino de baloncesto con nenas nacidas entre os anos 2013 e 2014. Durante o adestramento realizaron xogos e exercicios dos elementos básicos do baloncesto: o bote, o pase e o tiro. Algunhas demostraron moi boa puntería! E ao rematar houbo un partidiño que sempre é a parte favorita de todas. Debeu saber a pouco que cando se deu por rematada a sesión todas quedaron na pista botando e tirando a canastra. A parte diversión, é un proxecto co que se poden acadar obxectivos como: - Fomentar hábitos saudables de cara a adolescencia. - Crear relacións de amizade e vínculos fortes entre as nenas. -Axudar a adquirir os valores positivos de compañeirismo, respecto, esforzo e superación que son inherentes ao deporte. -Vivir experiencias bonitas con compañeiras dun entorno similar.

Exames de graos técnicos de Kung Fu

O pasado luns 17, recollemos o froito de moitos días de adestramento e esforzo, cos exames dos graos técnicos de Kung Fu. "Máis do que é un simple exame, trátase dun festexo, dunha ceremonia de confirmación de contidos do programa lectivo anual, a través dun feedback orientado ao proceso, reforzando o que está correctamente aprendido, mellorando o que se está aprendendo e recoñecendo expresamente os logros persoais de cada alumno/a como reforzo positivo. O ascenso de grao técnico é a visualización do progreso persoal, un recoñecemento ao traballo propio." Podes coñecer o todo o traballo recente do grupo de Kung Fu nestas ligazóns: O grupo Kung Fu Anpa do CPI Ramón Piñeiro realizou os exames de graos técnicos de Kung Fu . O grupo de Kung Fu da Anpa do CPI Ramón Piñeiro organizou unha xornada de primeiros auxilios .