Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

Calendario escolar para o curso 2018/19

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no DOG, 8 de xuño,  o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/19 . O inicio do curso para Educación Infantil e Primaria será o 12 de setembro, e ESO, o 17.

Cuestionario de intereses en actividades

Na Asemblea Extraordinaria do 15 de abril formouse unha Comisión de actividades integrada por dúas socias voluntarias e dúas da Xunta Directiva, tamén voluntarias. Tamén entregamos un cuestionario de intereses para que podades opinar (socios e non socios) sobre cales son as actividades que máis vos interesan. Pódese descargar: cuestionario intereses ANPA CPI Ramón Piñeiro , cubrir e depositar na caixa de correos do centro escolar.

Foliada polo Ensino Público en PENAS DE RODAS (Outeiro de Rei)

MÚSICA Para a Foliada podedes levar instrumentos para facer festa (pandeiretas, gaitas, violíns, guitarras...) e sobre todo cantar... CARREIRA CAMPO A TRAVÉS Hai catro categorías mixtas: Infantil, 1° e 2°, 3° e 4°, 5° e 6°. Todas as nenas e nenos recibiran unha medalla. XOGOS TRADICIONAIS Establecemos 5 xogos onde poden participar tanto nais e pais como as nenas e nenos: apañado de piñas, lanzamento de pedra, tiro de corda, carreira de sacos e corte de tronco con cimbrón (esta última só para adultos). Abriremos as inscricións para as probas durante a sobremesa. ZUMBA e FÚTBOL Para rematar ás 6 teremos o partido de fútbol entre os Veteranos (papás e mamás) e as Promesas (fillos e fillas) no campo de fútbol e unha master class de Zumba. ENTREGA DE MEDALLAS E TROFEOS Ás 7 da tarde aos participantes nos roteiros, carreira campo través, xogos tradicionais, fútbol...

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara O público destinatario son a mocidade e os adultos . Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor. Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.

CONTOS POP-UP, por Fátima Fernández

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro colabora na organización e difusión de esta narración oral, que pertence ao proxecto " Ler conta moito ", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , xunto co Concello de Láncara . Terá lugar o 9 de xuño de 2018, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara Público: Para todas as idades (0 a 3 anos, nenos e nenas, mocidade e adultos). Con esta narración oral podes despregar a túa imaxinación e deixarte levar pola voz da narradora e por as obras de enxeñaría de papel, os libros que leva con ela. Os elementos animados invitaranvos a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto.