Saltar ao contido principal

Ela e Dylan: Flores solitarias. A muller nas cancións e poemas de Bob Dylan.

Nesta ocasión a ANPA do CPI Ramón Piñeiro tamén colabora na organización e difusión de esta obra musical e poética, de novo dentro proxecto "Ler conta moito", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, xunto co Concello de Láncara.

Terá lugar o sábado 30 de xuño de 2018, ás 19:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara

O público destinatario son a mocidade e os adultos.

Trátase dunha performance poético-musical sobre a muller nas letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. Ao longo dunha hora iranse sucedendo a dramatización de letras e textos do libro “Tarántula” de Dylan, mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor.

Bob Dylan foi o primeiro músico en obter un Nobel de Literatura. É unha boa oportunidade para coñocer parte da súa obra, letras e música.






Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .