Saltar ao contido principal

CONTOS POP-UP, por Fátima Fernández

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro colabora na organización e difusión de esta narración oral, que pertence ao proxecto "Ler conta moito", do Programa de dinamización da lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, xunto co Concello de Láncara.

Terá lugar o 9 de xuño de 2018, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Láncara

Público: Para todas as idades (0 a 3 anos, nenos e nenas, mocidade e adultos).

Con esta narración oral podes despregar a túa imaxinación e deixarte levar pola voz da narradora e por as obras de enxeñaría de papel, os libros que leva con ela. Os elementos animados invitaranvos a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto.





Publicacións populares deste blog

Cambio na data da convocatoria das asembleas: domingo 18 de maio

Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.

BASES CONCURSO MURAL "A ESCALEIRA DE PEPE E PEPA"

A ANPA do CPI Ramón Piñeiro convídavos a participar a alumnas e alumnos da ESO no concurso para facer un mural que fale da historia de Pepe e Pepa. ¿Coñecédela? ¿Sabedes de que trata? Aquí tedes unha pista: https://youtu.be/pTch0whicpk (ou busca “Pepe e Pepa. A violencia de xénero en Internet”). Tema Neste concurso debedes facer a vosa reinterpretación desa historia e plasmalo de forma gráfica nun mural escollendo as técnicas que máis vos gusten, de xeito que podamos comprender esa fábula sobre a evolución da violencia de xénero na parella. Primeiro Poderán participar no concurso o alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro de Láncara, en grupos de 2 a 4 participantes. Segundo Os traballos deben ser orixinais. Terceiro Poden ser creados manual ou dixitalmente, empregando as técnicas que máis vos gusten, pero deben ser entregados en formato dixital,  tamaño A3, no enderezo de correo electrónico apa.ramonpineiro@gmail.com No correo electrónico debedes indicar os nomes dos participantes, c...

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .