Saltar ao contido principal

Cuestionario de intereses en actividades

Na Asemblea Extraordinaria do 15 de abril formouse unha Comisión de actividades integrada por dúas socias voluntarias e dúas da Xunta Directiva, tamén voluntarias.

Tamén entregamos un cuestionario de intereses para que podades opinar (socios e non socios) sobre cales son as actividades que máis vos interesan.

Pódese descargar: cuestionario intereses ANPA CPI Ramón Piñeiro, cubrir e depositar na caixa de correos do centro escolar.

Publicacións populares deste blog

Comezamos coa actividade de Kung Fu

Este venres 27 de setembro retomamos as clases de Kung no ximnasio do CPI.  As condicións son as mesmas co ano pasado: Socios ANPA: 15€/mes Non socios: 17€/mes Luns , de 16:30 a 17:30 Infantil e iniciación. Pre-Kung Fu. A partir dos 5 anos. Venres , de 15:40 a 16:40 Kung Fu desde os 7 anos en adiante.  Sábado , de 12:00 a 14:00 Kung Fu alto rendemento. Coma o ano pasado, realizaremos outras actividades ao redor desta arte marcial: exames de grao técnico e formación para familias .

Obradoiro de alimentación saudable

Como melloro os almorzos? E as merendas? Que debemos comer antes dun adestramento ou dunha competición? Falarase dunha alimentación saudable, das problemáticas máis habituais na adolescencia, nutrientes e dieta equilibrada e mitos alimentarios; para que todos melloremos en pequenos pasos a nosa alimentación, e con exemplos prácticos. A cargo da nutricionista Mireya Castiñeiras .

Exhibición de ximnasia rítmica e kung fu o 1 de maio, na Pobra de San Xiao

Organizamos unha exhibición deportiva o mércores 1 de maio, ás 10:30 horas, no pavillón deportivo municipal. Esa exhibición está dividida en dous bloques: un de ximnasia rítmica e outro de kung fu, froito do adestramento e o traballo de alumnado e profesores nesta actividade extraescolar. Total apoio do comercio local Como esta actividade extraescolar non é gratuíta e son as familias as que deben asumir o custe mensual de levala a cabo, varios membros da asociación traballaron para recadar patrocinios e así poder celebrar este evento, atopando apoio en grandes empresas como Caixa Rural Galega ,  Río , Leyma , Quescrem e Fontecelta , en institucións como o Concello do Corgo ou Muvicla , o centro museístico de locomoción agraria localizado en Trasliste (Láncara).  Pero o apoio máis importante foi o do COMERCIO LOCAL, que deixou patente o seu apoio ao deporte e ás nenas e nenos que van a formar parte da exhibición deportiva, achegando axudas económicas e en produtos.