Saltar ao contido principal

Sábado 2 marzo: convocatoria asemblea xeral extraordinaria

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos a celebrar o vindeiro sábado 2 de marzo de 2019, no local da planta baixa do Concello de Láncara (antigo Centro Médico, Avenida Rosalía de Castro 17), na Pobra de San Xiao ás 11:30 horas en primeira convocatoria, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, no mesmo lugar, coa seguinte orde do día:

1- Cambio de representante da ANPA no Consello Escolar.

2- Exposición do que vai a acontecer no vindeiro Consello Escolar e propostas da Xunta Directiva.

3- Votación.

Atentamente, a Xunta Directiva.

Publicacións populares deste blog

Comezamos coas actividades esta semana: Zumba, Xinmasia rítmica e Ioga-Dance

Os modelos de autorización para recoller aos nenos están no sitio web do colexio. Preme nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiramonpineirolancara/taxonomy/term/74

Ioga para nenas e nenos

Nun mundo que nos ten cada vez máis sobrestimulados, ás pícaras e pícaros resúltalles cada vez máis difícil percibirse a si mesmos e ao seu entorno con conciencia e con todos os sentidos. A práctica de Ioga e os exercicios de plena conciencia (mindfulness) van a axudar aos máis novos a: - manter a tonicidade física e a mellorar a psicomotricidade - reducir o estrés - contrarrestar a ansiedade e a depresión - relaxarse mellor - xestionar mellor os sentimentos de frustración e estrés - a concentrarse mellor nas súas tarefas - volver a ser consciente dun mesmo, e polo tanto ter máis seguridade dun mesmo

1 de maio: grazas por facelo posible

O pasado 1 de maio gozamos do resultado do traballo e esforzo do alumnado dos grupos de Kung Fu e de Ximnasia Rítmica da ANPA. Grazas ás familias voluntarias, socias e socios e ao COMERCIO LOCAL polo seu apoio. Tamén ás empresas e institucións:  Caixa Rural Galega ,  Río ,  Leyma ,  Quescrem  e  Fontecelta , Concello do Corgo  e  Muvicla  (centro museístico de locomoción agraria).