Saltar ao contido principal

Charla de motivación á lectura

Este venres 8 ás 16.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Láncara, temos unha charla de MOTIVACIÓN LECTORA e PROMOCIÓN DA LECTURA para as familias dos alumnos do CPI e tamén as mozas e mozos da ESO.

A relatora vai ser Melina López, da "Agencia de Leones", unha sociedade lectora dedicada á promoción da lectura e á mediación lectora.

Se asistides con pequenos, hai que confirmar o día anterior.

Esperámosvos!

Publicacións populares deste blog

Comezamos coas actividades esta semana: Zumba, Xinmasia rítmica e Ioga-Dance

Os modelos de autorización para recoller aos nenos están no sitio web do colexio. Preme nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiramonpineirolancara/taxonomy/term/74

Ioga para nenas e nenos

Nun mundo que nos ten cada vez máis sobrestimulados, ás pícaras e pícaros resúltalles cada vez máis difícil percibirse a si mesmos e ao seu entorno con conciencia e con todos os sentidos. A práctica de Ioga e os exercicios de plena conciencia (mindfulness) van a axudar aos máis novos a: - manter a tonicidade física e a mellorar a psicomotricidade - reducir o estrés - contrarrestar a ansiedade e a depresión - relaxarse mellor - xestionar mellor os sentimentos de frustración e estrés - a concentrarse mellor nas súas tarefas - volver a ser consciente dun mesmo, e polo tanto ter máis seguridade dun mesmo

1 de maio: grazas por facelo posible

O pasado 1 de maio gozamos do resultado do traballo e esforzo do alumnado dos grupos de Kung Fu e de Ximnasia Rítmica da ANPA. Grazas ás familias voluntarias, socias e socios e ao COMERCIO LOCAL polo seu apoio. Tamén ás empresas e institucións:  Caixa Rural Galega ,  Río ,  Leyma ,  Quescrem  e  Fontecelta , Concello do Corgo  e  Muvicla  (centro museístico de locomoción agraria).