Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

Novidades da Escola Municipal Minibasquet CB Sarria

Dende o Club Baloncesto Sarria fixéronos chegar esta proposta para colexios do rural como o noso CPI en Láncara. Unha actividade, coma sempre, realizada de xeito lúdica, educativa, e agora máis que nunca, responsable, seguindo todas as norma e protocolo de seguridade. Se sae un grupo mínimo de nenos poderían organizar os horarios para facer grupo xoves e venres. Se non, existe a posibilidade de levalos a outro grupo. Podes descargar a información da proposta CB Sarria parao curso 2020/2021 . Alí tedes toda a información, tamén a de contacto con Club. É para nenas e nenos de 6º de Educación Infantil a 6º de Primaria.

O teatro e as emocións

<<Suspendido por falta de grupo>> O Concello de Láncara , co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia , inicia este venres no Polifuncional o proxecto "O teatro e as emocións".   Con moita ilusión, e como continuación a outras actividades que se puxeron en marcha en anos anteriores, queremos que os nosos pequenos e pequenas sexan capaces no seu presente e futuro de xestionar adecuadamente as súas emocións, de relacionarse cos demais dunha forma respectuosa, e de facer que ese manexo emocional non sexa un obstáculo senón un trampolín para o seu desenvolvemento integral: psicolóxico e social. A través do teatro, dun xeito natural, con situacións do día a día, imaxinarán, expresaranse, ensaiarán diferentes roles...; tentaremos descubrir xuntos (pais, nais e nenos) habilidades que non sabemos que temos, ou que nos da medo mostrar. Un total de 10 sesións de 35 minutos cada unha, que se desenvolverán no Polifuncional dende o vindeiro venres 2/1

Inscrición novos socios curso 2020-21

Xa tedes a vosa disposición o formulario de inscrición de novos socios na ANPA do CPI Ramón Piñeiro para o curso 2020-21 para descargar e cubrir. Os que xa sodes socios de anos anteriores, só é necesario ir a Caixa Rural, dicir que queredes pagar a cota e que no cargo bancario poñan o voso DNI, apelidos e nome.

Información IMPORTANTE inicio curso escolar 2020-21

Resumo da reunión mantida xoves 3 de setembro por parte dos membros da xunta directiva da nosa ANPA coa dirección do centro escolar e as dúas representantes de pais. PUNTOS IMPORTANTES: 1.- Moi importante, por parte dos nais/pais/titores: é a nosa responsabilidade antes de saír das casas de mirarlles a febre ( nunca +37), non deben ter tos nin mocos. 2.- Os nenos deben levar ao cole sempre unha máscara posta. As máscaras deben levar o nome do neno/a (con rotulador permanente, por exemplo, é obrigatoria a partir de 1º de primaria) e outra de reposto (nun sobre, bolsiña de tea...). A maiores deben levar un sobre de papel ou carteira para depositar a que están a utilizar para deixar durante as comidas (nunca plástico polos xermes), e unha botella de auga suficiente para o día, ou dúas, xa que no cole non se pode encher de novo; tamén dispoñer de panos de papel. 3.- Haberá dúas zonas para o acceso ao centro dos nenos/as: a) para os transportados (zona principal, onde se estaba a acceder no