Dende o Club Baloncesto Sarria fixéronos chegar esta proposta para colexios do rural como o noso CPI en Láncara. Unha actividade, coma sempre, realizada de xeito lúdica, educativa, e agora máis que nunca, responsable, seguindo todas as norma e protocolo de seguridade.
Se sae un grupo mínimo de nenos poderían organizar os horarios para facer grupo xoves e venres. Se non, existe a posibilidade de levalos a outro grupo.
Podes descargar a información da proposta CB Sarria parao curso 2020/2021. Alí tedes toda a información, tamén a de contacto con Club. É para nenas e nenos de 6º de Educación Infantil a 6º de Primaria.
Por acordo en xunta directiva: ao non ser posible a asistencia por motivos persoais do 50% dos membros, cámbiase a data das dúas asembleas ao domingo 18 de MAIO de 2025 , coa mesma orde do día e mesmo horario. Se alguén non está de acordo que fale con María José (Presidenta). Tamén para presentar candidaturas, individuais ou conxuntas. A primeira, XERAL E ORDINARIA, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria. A segunda, EXTRAORDINARIA, terá lugar ás 12:00 horas en primeira convocatoria. As asembleas están ABERTAS A TODOS; poden asistir os pais, nais e titores de alumnos aínda que non sexan socios da ANPA.